consola

< fr console
Plural: consolas
  1. s f TECNOL Aparato dotado dun mando de control que permite reproducir os videoxogos na pantalla dun monitor.
  2. s f INFORM Periférico co que se comunica o operador directamente co sistema operativo.
  3. s f TECNOL Panel en que están dispostos os mandos de control dunha instalación ou dun aparato.
  4. s f ARQUIT Elemento arquitectónico construído en saínte, como as ménsulas ou as repisas.
  5. s f MÚS
    1. Parte superior da arpa onde están as caravillas.
    2. Mesa de mandos do órgano que comprende os teclados manuais, os rexistros e os pedais.
  6. s f DEC Moble de adorno, moi frecuente nas salas dos ss XVIII e XIX, en forma de mesa alongada, xeralmente sen caixóns e sostida por columnas ou pés, que se coloca arrimada á parede e serve de soporte a obxectos decorativos.