consignatario -ria

Plural: consignatarios Masculino: consignatario Masculino plural: consignatarios Feminino: consignataria Feminino plural: consignatarias
  1. adx Que lle está consignada unha cousa. Tm s, referido a persoa ou entidade.
  2. DER
    1. s Axente destinado á venda dunha cousa, propiedade doutra persoa, nun prazo e prezo fixados previamente con dereito a quedar coa eventual diferenza obtida do aumento do prezo da venda.
    2. consignatario de buques Representante dunha empresa navieira nos portos en que o buque fai escala, que realiza funcións relacionadas co transporte de mercadorías, descarga, tránsito e entrega das mesmas, e preparación de fretes.