smOpinión que alguén dá ou recibe sobre cómo se deben facer as cousas.
consellos evanxélicosRELIXMáximas evanxélicas que a Igrexa católica non considera categóricas.
smÓrgano administrativo colexiado con funcións consultivas, xurisdicionais ou executivas e deliberativas.
smHISTÓrgano colexiado que asesoraba no goberno os reis españois durante a Idade Moderna.
consello de administraciónDERÓrgano colexiado permanente da administración dunha sociedade anónima e de entidades de dereito público, que se ocupa das funcións de xestión e representación da sociedade.
consello de disciplinaDEROrganismo constituído nalgúns centros ou establecementos privados ou públicos que vixía o mantemento da orde e a conduta dos seus membros e propón sancións disciplinarias.
consello de familiaDEROrganismo destinado a intervir na tutela de menores non emancipados e/ou dos incapacitados.
consello de guerraDERTribunal de xustiza encargado das causas da xurisdición militar.
consello de ministrosPOLÍTÓrgano superior da Administración Pública que dirixe a política xeral e ten o poder executivo. Encárgase da dirección da política xeral e da administración do Estado.
consello escolar de centroEDUCÓrgano colexiado que forma parte das estruturas organizativas dos centros educativos e a través do que, a comunidade escolar participa na xestión dese centro.
consello obreiroPOLÍTOrganismo de carácter, composición, finalidade e atribucións moi diversas, que pode incluír desde a simple representación sindical ata a xestión máis avanzada.
consello pastoralRELIXOrganismo diocesano consultivo, formado por clérigos, relixiosos e segrares escollidos polo bispo.
consello presbiteralRELIXOrganismo diocesano representante dos presbíteros para o goberno da diocese.
consello reitorDERÓrgano permanente e colexiado de representación das sociedades cooperativas que posúe funcións de administración e xestión.
Citas
Foille pedir consello ao seu pai antes de aceptar o traballo
Refráns
A caso novo, consello vello.
Aconsellar non é dar.
Aconsellar non é mandar nin rogar.
Aconséllate con quen saiba e, se queres aceptar, aceptas.
Anque sexas vello, non renegues do consello.
Cal o consello, tal o vencello.
Coida de dar o consello de xeito que che non tiren o pelexo.
Colle o meu con sello e fai o que quixeres.
Dame diñeiro e non me deas consellos.
Damos a outro o consello e inda para nós non o ternos.
Dar mal con sello é oficio do demo.
Do inimigo colle o consello.
Do vello, o consello; e do rico, o diñeiro para un remedio.
En consellos hai que oír aos vellos.
Mal lle vai á ovella que co lobo se aconsella.
Moitos hai para aconsellar e poucos para remediar.
Moitos parentes hai para aconsellar, mais non para remediar.
No máis vello está o bo consello.
Non debe dar consello o que para si non o ten.
Non desprecies o consello do sabio ou do vello.
Non fíes de consellas que son contos de vellas.
Ó bo consello non se lle atopa precio.
O can vello, se ladra, dá consello.
O consello da muller é pouco,pero o que non o segue é un louco.
O consello muda o vello.
O consello non é ben recibido, se non é pedido.
O consello segundo o concello.
O consello tómao sempre do vello.
O consello, ao vello; e á moza, o espello.
O corazón maleado non quere ser aconsellado.
O mellor conselleiro é a almofada, que dá sempre o consello e non cobra nada.
O namorado non quere ser aconsellado.
O que ben aconsella, ben achega.
O que con moitos se aconsella fai o que non debera.
O que consigo se aconsella, consigo se desconsella.
O que dá consellos non dá diñeiros.
O que non oe consello non chega a vello.
Os mortos son os que dan consellos aos vivos.
Quen dá consellos, non dá cartos.
Se che contan consellas, abre os ollos e tapa as orellas.