conmoción

< lat commōtiōne
Plural: conmocións
  1. s f Acción e efecto de poñer en movemento ou axitar algunha cousa que estaba asentada.
  2. s f Perturbación violenta do ánimo.
  3. s f PAT Trastorno de orixe traumática das funcións celulares dun órgano, xeralmente con repercusións noutros afastados ou pegados a el, sen lesión anatómica.

Citas

  • A noticia do accidente causou unha forte conmoción na súa casa, As súas declaracións causaron unha gran conmoción política
  • Producíronse numerosas conmocións xeolóxicas en Triacastela