conforme

< lat conforme
Plural: conformes
  1. adx Que ten unha forma de ser igual a outra que normalmente se toma como tipo ou modelo.
  2. adx Que está de acordo con algo ou alguén.
  3. conx Do mesmo xeito que.
  4. conx No mesmo momento en que ou tan pronto como.
  5. prep De acordo con.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Conforme acabou o exame, levantouse e marchou, Conforme chegues á casa, acende a radio para escoitar o programa
  • Conforme o director, comezamos a rodaxe en abril
  • Conforme pensaba o relato ía escribindo no seu ordenador, Nós comiamos as castañas conforme ela lles sacaba o ourizo
  • Está conforme coa proposta que lle fixeches, A súa opinión é conforme á xeral
  • Non está conforme coa repartición da herdanza de seus pais
  • Os seus feitos son conformes ás súas ideas
  • Respondeulle ao avogado conforme o fixera na primeira declaración