conexión

< lat connexĭōne
Plural: conexións
  1. s f Acción ou efecto de conectar.
  2. s f TECNOL Asociación de dous sistemas eléctricos, circuítos ou aparatos mediante un ou máis condutores.
  3. s f Situación en que un conxunto de cousas están conexas.
  4. s f Relación que existe entre dúas cousas conexas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Antónimos

Citas

  • A conexión dos elementos deu un bo resultado
  • As conexións que teñen os delincuentes impiden que os deteñan
  • Non había conexión no seu discurso