condución

Plural: conducións
  1. s f Acción e efecto de conducir.
  2. s f ENX Conxunto dos condutos e accesorios que, dispostos adecuadamente, constitúen unha instalación lineal ou unha rede para o transporte e a distribución dun fluído.
  3. s f FÍS Nome xenérico dalgúns fenómenos de transporte (de enerxía, carga ou materia) case exclusivos da materia condensada.
  4. FISIOL
    1. s f Propiedade dalgunhas estruturas do organismo de transmitir os estímulos.
    2. condución cardíaca Transmisión dos cambios eléctricos que, orixinados no nódulo do seo auricular, dan lugar ás contraccións cardíacas.
    3. condución nerviosa Transmisión dos impulsos electroquímicos polas células excitables do organismo a través dos cambios de permeabilidade nas súas membranas.
    4. condución ósea Transmisión do son a través dos ósos do cranio.

Formas incorrectas

conducción