condrictio -tia

< condr- + gr ἰ χ ϴ ύς ‘peixe’
Plural: condrictios Masculino: condrictio Masculino plural: condrictios Feminino: condrictia Feminino plural: condrictias
  1. adx Relativo ou pertencente aos condrictios.
  2. s m ANIMAL/ICT Peixe da clase dos condrictios.
  3. s m pl ANIMAL/ICT Clase de peixes de esqueleto cartilaxinoso, con aletas pectorais e pélvicas pares, sen vexiga natatoria e con toda a pel recuberta de pequenos dentículos. O sangue presenta a mesma presión osmótica ca o medio mariño.