condensador -ra

Plural: condensadores Masculino: condensador Masculino plural: condensadores Feminino: condensadora Feminino plural: condensadoras
  1. adx
    1. Que condensa.
    2. Relativo ou pertencente á condensación.
  2. s m TECNOL Dispositivo formado por dúas armaduras separadas por un dieléctrico, que se caracteriza por posuír unha capacidade determinada.
  3. s m TECNOL Sistema óptico converxente que concentra sobre o obxecto os raios luminosos que proceden da fonte luminosa co fin de iluminalo uniforme e suficientemente.
  4. s m TECNOL Aparato que se utiliza para condensar un vapor.