condado

< lat comitātu ‘acompañamento’
Plural: condados
  1. s m Título ou dignidade de conde.
  2. s m HIST Circunscrición territorial baixo a xurisdición dun conde.
  3. s m XEOG
    1. Circunscrición administrativa de primeira orde de Hungría, Irlanda e Liberia.
    2. Circunscrición administrativa de segunda orde en Reino Unido, dividida en distritos rurais e urbanos; e en EE UU, administrada por un sheriff.