concepción

< lat conceptiōne ‘concepción’
Plural: concepcións
  1. s f Acción e efecto de concibir unha femia un novo ser.
  2. s f Acción e efecto de formar unha idea na mente.
  3. s f FILOS Representación non perceptiva.
  4. concepción herdada SOCIOL Corrente sociolóxica positivistas e neopositivistas que se caracteriza pola idea do progreso científico como un proceso acumulativo de ampliación e perfeccionamento de teorías, a defensa do dedutivismo como modus operandi na construción de teorías sociolóxicas e a idea de unidade da ciencia.

Confrontacións

Citas

  • A concepción da obra foi totalmente súa
  • O parto dunha muller adoita acontecer nove meses despois da concepción