compulsión

< lat compulsĭōne
Plural: compulsións
  1. s f Acción de compeler física ou moralmente, especialmente por autoridade.
  2. s f Tendencia interior irresistible a realizar un acto ou a pensar unha idea determinada.
  3. s f DER Medida de execución forzosa que consiste na utilización da forza sobre as persoas como medio para a execución forzosa dos actos administrativos.