compresor -ra

Plural: compresores Masculino: compresor Masculino plural: compresores Feminino: compresora Feminino plural: compresoras
  1. adx Que serve para comprimir.
  2. s m TECNOL Máquina destinada a transportar un gas ou un vapor desde un punto, a baixa presión, a outro onde a presión é máis elevada ou para elevar a presión dun gas ou vapor.
  3. s m MED Instrumento de cirurxía que serve para comprimir unha arteria ou outro órgano.
  4. s m CONSTR Máquina empregada para comprimir ou revestir as estradas e para compactar solos mediante dous rolos.
  5. s m MÚS Pedal electrónico que se enchufa a unha guitarra ou baixo eléctrico e concentra o son orixinal dándolle máis corpo.