compresibilidade

< compresible
Plural: compresibilidades
  1. s f Calidade de compresible.
  2. FÍS
    1. s f Propiedade dunha substancia ou corpo pola que reduce o seu volume cando se somete a un aumento de presión. Mídese co coeficiente de compresibilidade.
    2. coeficiente de compresibilidade [k] Cociente entre a diminución relativa do volume dunha substancia e o aumento de presión que a produciu.
    3. factor de compresibilidade [Z] Factor adimensional relativo a un gas, dado pola expresión Z=PV/RT, onde P é a presión, V é o volume molar, R é a constante dos gases perfectos e T é a temperatura.
    4. módulo de compresibilidade [K] Coeficiente inverso do coeficiente de compresibilidade.