composto -ta

< lat compositu, p p de componĕre ‘compoñer’
Plural: compostos Masculino: composto Masculino plural: compostos Feminino: composta Feminino plural: compostas
  1. p irreg compoñer e compor.
    1. adx Que está formado por varios elementos.
    2. palabra composta LING Palabra formada por composición.
    3. tempo composto LING Tempo verbal formado por un verbo auxiliar e o participio do verbo correspondente.
  2. s m QUÍM Substancia formada por átomos ou ións de dous ou máis elementos químicos diferentes que posúe propiedades diferentes das dos seus compoñentes por separado.
  3. adx, s f PLANTA asteráceo.