compoñente

< compoñer
Plural: compoñentes
  1. adx Que forma parte da composición dalgunha cousa. Tm s, referido a cousa.
  2. adx LING Aplícase a cada un dos elementos lingüísticos que entran nunha composición conforme a unhas regras de formación específicas. Tm s.
    1. adx MAT Cada un dos factores que compoñen un vector ou un tensor. Tm s.
    2. s METEOR Factores que definen as características dun vento, especialmente a dirección da que procede.
  3. s FÍS Elemento ou dispositivo destinado a formar parte dun circuíto electrónico.
  4. s QUÍM Substancia que forma parte dunha mestura.

Confrontacións

Citas

  • Os compoñentes da orquestra están en folga
  • Para mañá hai que agardar a chegada de fortes ventos de compoñente SO que deixarán precipitacións moderadas nas Rías Baixas