complexo -xa

Plural: complexos Masculino: complexo Masculino plural: complexos Feminino: complexa Feminino plural: complexas
  1. adx Que está formado por diversos elementos.
  2. adx Que é difícil de solucionar ou entender pola súa complicación.
    1. s m Conxunto de establecementos agrupados nunha zona determinada e cunha coordinación común.
    2. complexo industrial Conxunto de industrias agrupadas nunha zona determinada.
  3. s PSIC
    1. Conxunto de tendencias inconscientes que determinan as actividades e o comportamento do individuo.
    2. p ext Calquera preocupación máis ou menos obsesiva provocada polos propios defectos físicos, frustracións ou outras carencias.
  4. s m QUÍM Composto químico que contén un átomo ou un ión central, xeralmente dun metal de transición, aceptador de electróns, rodeado dun grupo de ións ou de moléculas (ligandos), doadores de electróns.
  5. complexo absorbente ECOL Conxunto de asociacións que acostuma ter categoría de biocenose.
  6. complexo adsorbente XEOL Conxunto de coloides minerais e orgánicos presentes no solo, que reteñen e intercambian ións.
  7. complexo antíxeno-anticorpo FISIOL Complexo macromolecular formado polo antíxeno unido ao seu anticorpo específico. OBS: Tamén se denomina complexo inmune ou inmunocomplexo.
  8. complexo arxilohúmico XEOL Conxunto de substancias producidas pola unión entre ácidos húmicos e arxila coloidal.
  9. complexo climácico ECOL Conxunto das comunidades vexetais que conviven nun mesmo dominio climácico.
  10. complexo cultural ANTROP/CULT Agrupación integrada por trazos culturais, durable, difusible interculturalmente e restrinxida a un só aspecto dentro dunha área cultural.
  11. complexo de comunidades ECOL Conxunto de comunidades que constitúen unha unidade na paisaxe vexetal.
  12. complexo encima-substrato BIOQ Estado transitorio no decurso dunha reacción química catalizada por un encima no que se combina a molécula encimática cunha ou varias moléculas de substrato.
  13. complexo glaciofluvial XEOG Conxunto de formas de relevo construídas conxuntamente polo xeo e polas augas que proveñen da fusión deste xeo.
  14. complexo maior de histocompatibilidade XEN Conxunto de xenes dos vertebrados que codifican unha gran familia de proteínas da superficie celular, unen fragmentos de proteínas alleas e os presentan aos linfocitos T para inducir a resposta inmune.
  15. complexo multiencimático BIOQ Asociación supramolecular proteica formada pola integración de diferentes proteínas encimáticas, na que cada unha delas mantén a súa propia estrutura cuaternaria pero actúan de maneira coordinada.
  16. complexo primario de Ghon PAT Lesión constituída por un pequeno infiltrado pulmonar (chancro de Ghon) e unha adenopatía rexional, no hilo do pulmón.
  17. complexo soluble BIOQ Asociación de monómeros de fibrina ou de produtos da degradación do fibrinóxeno que se pode detectar no plasma no decurso de certos estados patolóxicos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].