compensación

< lat compensātiōne ‘compensación, cambio’
Plural: compensacións
  1. s f Aquilo que se dá ou fai co fin de compensar a alguén.
  2. s f AERON Redución do esforzo necesario para a corrección da posición de voo dunha aeronave.
  3. s f DER Forma de extinción das obrigas vencidas cando dúas ou máis persoas son por dereito propio, reciprocamente, acredoras e debedoras.
  4. s f ECON Sistema de pagamento internacional que elimina a necesidade de uso de divisas.
  5. s f TECNOL Operación que ten por obxecto eliminar as variacións de isocronismo de péndulos e volantes debidas a diferenzas de temperatura ambiente.
  6. mecanismo de compensación PSIC Proceso psíquico que fai que o suxeito afronte as súas inferioridades, reais ou imaxinarias, esforzándose por desenvolver a función deficitaria ou destacar noutros campos. Se o proceso é de tipo patolóxico conduce ao delirio de compensación.

Citas

  • Esixiulle unha compensación ao constructor por ter que pechar o negocio

Refráns

  • A burro novo, aparello vello.
  • A can pequeno, ÓSO grande.
  • A casas vellas, portas novas.
  • A mula vella, cabezada nova.
  • A pequeno almallo, gran chocallo.