compactación

< compactar
Plural: compactacións
  1. s f Acción e efecto de compactar.
  2. s f IND Aglomeración dos pos por medio da presión a temperatura normal ou alta.
  3. s f CONSTR Operación que consiste en aumentar a densidade dun terreo pola expulsión do aire que conteñen as capas superiores.
  4. s f XEOL Formación diaxenética dunha rocha coherente a partir de sedimentos soltos, que se produce pola eliminación dos espazos porosos e a expulsión da auga atrapada.