comercio

< lat commercĭu ‘comercio, mercadoría, mercado’
Plural: comercios
    1. s m Conxunto de actividades de compra, venda ou intercambio de produtos co obxectivo de conectar a produción co consumo ou co investimento.
    2. comercio polo miúdo Comercio relativo a volumes pequenos de produtos de uso inmediato no que o comprador é o consumidor final.
    3. comercio por xunto Comercio a grande escala.
  1. s m Conxunto de comerciantes e actividades comerciais dunha poboación ou un país.
  2. s m Establecemento dedicado á actividade comercial.

Sinónimos

Citas

  • Gústame pasear mirando os escaparates dos comercios
  • O comercio únese á folga e pecha as súas portas

Refráns

  • A amistade corra pero o viño a oito cartos.
  • A amistade é unha cousa e o negocio é outra.
  • A bo mercador, bo vendedor.
  • Ben se entende que o que merca un, outro o vende.
  • En todo tratar e pan labrar.
  • Máis vale unha hora de trato que cen de traballo.
  • Na almoeda ten a bola queda e a bulsa pecha.
  • O comerciante sen diñeiro ten algo de milagreiro.
  • O traxineiro é mal compañeiro porque ten que ir de rueiro en meiro e de meiro en rueiro.
  • Os que cabra non teñen e cabritos venden ¿de onde lles veñen?
  • Quen vende o trigo na eira e a la na ovella e o pan en agosto e o viño en mosto dá proveito a moitos.
  • Redonda é a moeda, para que rode e corra e vaia e veña.
  • Trata en sardiña e comerás galiña.
  • Vale máis corda baleira que ruÍn feira.
  • Vende na casa e merca na feira, se que res saír da laceira.
  • Vende sardiña e poderás comer galiña.