comandante

< comandar
Plural: comandantes
  1. s Militar do exército español que ten unha categoría superior a de capitán e inferior a de tenente coronel, equivalente en case todos os exércitos ao grao de maior.
  2. comandante maior BÉL Xefe encargado dos servizos de contabilidade nos corpos e establecementos militares.
  3. comandante militar BÉL Xefe que comanda as tropas e os servizos nunha determinada localidade.
  4. comandante militar da Mariña BÉL Oficial da mariña de guerra española que comanda unha provincia marítima.