colexio

< lat collegĭu ‘conxunto de colegas’
Plural: colexios
  1. EDUC
    1. s m Centro de estudo, formación e aprendizaxe en común.
    2. colexio universitario Centro de ensino superior adscrito a unha universidade, no que se estuda o primeiro ciclo de certas facultades ou escolas superiores.
  2. EDUC
    1. s m Casa ou edificio do colexio.
    2. colexio maior Residencia de estudantes de ensino superior onde se levan a cabo actividades formativas.
  3. s m DER Corporación de dereito público integrada por persoas que pertencen a unha mesma profesión, á que lle corresponde a ordenación do exercicio da profesión, a súa representación exclusiva e a defensa dos intereses profesionais dos colexiados.
  4. colexio electoral POLÍT
    1. Conxunto de electores dunha mesma circunscrición electoral.
    2. Lugar no que se reúnen os electores para votar.

Citas

  • O hotel está instalado nun colexio do século XIX