coiro

< lat coriu
Plural: coiros
  1. s m Pel que recobre a carne dos animais.
    1. s m Pel curtida e preparada para diversos usos industriais.
    2. coiro sintético Material plástico, substituto do coiro e da pel natural, que imita as súas propiedades.
  2. coiro cabeludo ANAT Pel do cranio onde vai inserido o cabelo.

Citas

  • O coiro desa chaqueta é de boa calidade
  • O coiro do porco estaba mal chamuscado e tiña pelos
  • Ten unha muller que é un coiro

Refráns

  • Para adondar os coiros: os fornos e os lavadoiros.