cohorte

< lat cohorte
Plural: cohortes
  1. s f HIST/BÉL Unidade táctica da lexión romana constituída por seis centurias dirixidas por un tribuno militar.
  2. s f Serie numerosa.
  3. s f BIOL Categoría taxonómica comprendida entre a clase e a orde.
  4. s f DEMOG Conxunto de individuos que viven de maneira simultánea un mesmo acontecemento durante un determinado período de tempo.

Citas

  • A cohorte fortemente armada asaltou o castelo