cohesión

< lat cohaesu, supino de cohaerēre ‘estar unido’
Plural: cohesións
  1. s f Acción e efecto de unirse as cousas entre elas.
  2. s f FÍS/QUÍM Forza que mantén unidas as moléculas dun sólido ou dun fluído como consecuencia da atracción molecular.
  3. s f XEOL Propiedade das partículas dun solo que as mantén ligadas entre elas.
  4. s f BOT Unión entre as partes do mesmo verticilo.
  5. s f LING Concepto que na lingüística do texto fai referencia á relación sintáctica que presentan os elementos dun discurso.
  6. cohesión social SOCIOL inculación que existe entre os membros dunha colectividade, entre eles mesmos e como grupo.

Confrontacións

Citas

  • A cohesión deste muro presenta serios problemas, A cohesión interna do equipo é algo fundamental