< lat v *codĭcu, derivado regresivo de lat codĭculu ‘codicilo’
Plural:códigos
DER
smRecompilación de normas legais sobre unha rama do dereito ordenadas metódica e sistematicamente.
código civilOrdenamento xurídico positivo que regula as relacións entre particulares.
código de comercioOrdenamento positivo que regula as relacións xurídicas de carácter mercantil.
código penalOrdenamento racional e sistemático dos enunciados xurídico-penais que establece os delitos e as penas.
código penal militarCorpo legal que establece e sistematiza a lexislación penal relativa ao exército.
código procesalTexto de dereito positivo que regula o sistema de administración de xustiza, que está constituído por dous textos independentes, un dedicado ao procedemento civil e outro dedicado ao procedemento penal.
smConxunto de regras que rexe un dominio ou un aspecto que se expresa, seguindo o modelo do código.
código alimentario /ALIM/DERConxunto das normas de cada estado sobre os produtos alimentarios, as materias primas e os materiais anexos.
smSistema de signos que permite crear e descifrar mensaxes e regras que serven para combinalos.
smSigno ou conxunto de signos que teñen un valor concreto dentro dun código determinado.
código alfabético internacionalConxunto de palabras convencionais utilizadas internacionalmente para identificar con facilidade a letra pola que comezan, na transmisión de mensaxes telefónicas ou radiofónicas.
código de barrasConxunto de barras de diferentes grosores que forman un rectángulo impreso sobre os produtos que se venden e que se pode traducir mediante un lector de raios láser.
código de cores /FÍS/TECNOLCódigo que se emprega para indicar valores numéricos sobre resistencias e condensadores, e que consiste nunhas marcas de cores (raias ou puntos) en número de 3 a 5.
código numéricoCódigo en que o xogo resultante só contén cifras.
código postalNúmero de cinco cifras que permite identificar a zona de repartición do correo.
código telegráficoCOMUNCódigo que se emprega para a transmisión telegráfica de mensaxes, como o código ou alfabeto Morse internacional.
smLING
Sistema formal de comunicación que comparten os participantes.
Calquera sistema de signos que se usa para enviar mensaxes, a miúdo de forma secreta.
INFORM
smCorrespondencia entre os caracteres dun xogo (denominado xogodeorixe) e os caracteres doutro (denominado xogoresultante), de acordo cun conxunto de convencións denominadas regrasdecodificación.
smSistema de caracteres utilizado por esta codificación.
código alfabéticoCódigo en que o xogo resultante só contén letras.
código alfanuméricoCódigo en que o xogo resultante contén letras e cifras.
código binarioCódigo que se basea en dous valores (0 e 1) que constitúe o elemento esencial da informática tal e como se coñece.
código réflexCódigo de distancia unidade, binario, construído a partir do código de distancia unidade de dous bits.
código xenéticoXENInformación xenética contida na secuencia de bases da cadea do ácido nucleico. Cada triplete ou codón está constituído por tres bases consecutivas e codifica un aminoácido.