cociente

< lat quotĭente ‘tantas veces’
Plural: cocientes
  1. s m MAT Número que resulta da división dun número (dividendo) por outro (divisor).
  2. cociente asimilatorio FISIOL Relación que se pode establecer entre a cantidade de substancias nutritivas consumidas por un organismo e a masa que incorpora como resultado da asimilación, expresada en unidades de enerxía.
  3. cociente intelectual PSIC Cifra que representa a intelixencia e que se obtén mediante a división entre a idade mental dun individuo (conseguida por medio de determinados tests de intelixencia) e a súa idade cronolóxica, multiplicada por cen.
  4. cociente metabólico FISIOL Índice do nivel xeral da actividade metabólica dun organismo, determinado pola medida do consumo de osíxeno, indicativo dos procesos catabólicos de oxidación que se levan a cabo.
  5. cociente respiratorio FISIOL Relación do volume de dióxido de carbono producido co de osíxeno gastado na respiración nun mesmo tempo.