cobertura

< lat coopertūra
Plural: coberturas
  1. s f Acción e efecto de cubrir ou cubrirse.
  2. s f Cousa empregada para cubrir algo.
  3. s f ECON Metálico, divisas ou outros valores que serven como garantía para a emisión de billetes de banco ou outras operacións financeiras ou mercantís.
  4. s f COMUN Acción de cubrir os medios de comunicación un acontecemento.
  5. s f BÉL Conxunto de disposicións tácticas e estratéxicas, adoptadas en tempo de paz para garantir a inviolabilidade das fronteiras aéreas, terrestres e marítimas dun lugar.
  6. s f HIST Privilexio, concedido aos grandes de España, de permanecer coa cabeza cuberta diante do rei durante as cerimonias relixiosas.

Sinónimos

Citas

  • As obras de cobertura da igrexa durarán varios meses
  • O seguro do meu coche non ten cobertura en caso de roubo
  • Os invernadoiros dispoñen dunha cobertura transparente para que pase a luz ao interior
  • Traballei un ano nun canal de cobertura local, O meu teléfono non ten cobertura no estranxeiro