cóbado

< lat cubĭtu
Plural: cóbados
  1. s m ANAT Articulación do brazo co antebrazo e as partes brandas.
  2. s m TECNOL Parte dunha peza en forma de cóbado.
  3. s m METROL Medida de lonxitude, duns 42 cm, que equivale á distancia do cóbado ata a punta dos dedos.
  4. cóbado de captura XEOG Ángulo pronunciado que forma un río cando penetra na conca doutro e fai súas unha parte das augas deste.
  5. cóbado de tenista/de tenis PAT Afección caracterizada pola sensación de dor nas proximidades do epicóndilo lateral do úmero, ademais de epicondilite lateral, como resultado dun esforzo grande e pouco habitual. OBS: Tamén se denomina epicondialxia externa.

Sinónimos

Citas

  • A pel dos cóbados presenta moitas veces lesións en forma de placas
  • Todos os xerseis acábanme rompendo polos cóbados