coalescencia

< p pres de coalescĕre
Plural: coalescencias
  1. s f Propensión das cousas a unirse.
  2. s f BIOL concrescencia.
  3. s f BOT Disposición dos cloroplastos en forma agrupada como consecuencia da acción prolongada de luz directa.
  4. s f LING Cambio fonolóxico que afecta á contracción de dúas vocais veciñas que se converten nunha soa.
  5. s f METEOR Unión de dúas pingas de auga nunha soa ou de dúas masas de aire húmido nunha soa.
  6. s f QUÍM Fenómeno polo que as gotas dun líquido disperso noutro non miscible ou nun gas, tenden a unirse entre elas para formar agregados de maiores dimensións.

Palabras veciñas