coadxuvante

< coadxuvar
Plural: coadxuvantes
  1. adx Que coadxuva. Tm s.
  2. adx Que coopera na acción doutros axentes.
  3. adx DER Que intervén nun proceso xudicial, sen ser chamado inicialmente como parte demandante ou demandada, e que ten un dereito ou interese lexítimo que poden resultar afectados pola sentenza. Tm s.
  4. s m MED Fármaco que contribúe, nunha prescrición, á eficacia do medicamento principal.
  5. s m QUÍM Substancia útil na elaboración de praguicidas que teñen a capacidade de modificar axeitadamente as propiedades físicas e químicas das materias activas.
  6. coadxuvante tecnolóxico QUÍM Substancia ou materia que non se consome como ingrediente alimentario por ela mesma e que se emprega na elaboración das materias primas, alimentos ou os seus ingredientes.