smQUÍMCombinación do cloro cun corpo composto ou simple distinto do osíxeno e do hidróxeno.
cloruro de etilo [CH 3 CH 2 Cl]QUÍMHaluro de alquilo que se emprega como refrixerante, como solvente e como anestésico.
cloruro de metilo [CH 3 Cl]QUÍMGas que se emprega como propulsante para aerosois de alta presión, como pesticida, anestésico e refrixerante na polimerización do caucho. OBS: Tamén se denomina clorometano.
cloruro de vinilo [C2H3CL]QUÍMHaluro de alquenilo que se emprega na industria dos plásticos para a obtención do policlorurodevinilo.
smQUÍMAnión Cl - que se pode considerar que deriva formalmente do ácido clorhídrico por perda do hidróxeno.