clorococal

< lat científico Chlorococcum, xénero de algas
Plural: clorococais
  1. adx Relativo ou pertencente ás clorococais.
  2. s f PROTISTA Alga da orde das clorococais.
  3. s f pl PROTISTA Orde de algas verdes, da clase das clorofíceas, que abranguen especies, principalmente de auga doce, unicelulares e inmóbiles, solitarias ou coloniais, cun plastidio axial ou parietal.