clima

< lat clima gr κλίμα   ‘inclinación, pendente’
Plural: climas
    1. s m CLIMAT Modelo explicativo do conxunto de condicións atmosféricas e meteorolóxicas que se rexistran sobre un territorio nun período de tempo suficientemente longo como para poder considerar representativos os datos. Os climas caracterízanse segundo factores astronómicos, dinámicos e xeográficos.
    2. clima alpino Clima de montaña da zona temperada onde predomina o factor altitude que determina a existencia de invernos fríos, cunha forte presenza de neve, e estíos frescos e chuviosos.
    3. clima ártico Clima da zona polar do hemisferio norte.
    4. clima atlántico Clima oceánico do continente europeo.
    5. clima boreal Clima propio das altas latitudes do hemisferio norte que se caracteriza polos invernos prolongados e rigorosos.
    6. clima continental Clima dos sectores interiores das masas de terra, que se caracteriza polas oscilacións térmicas pronunciadas e polo predominio das estacións equinocciais. As precipitacións son escasas e teñen lugar, principalmente, no verán, en forma de treboadas.
    7. clima extremo Clima que presenta unha grande amplitude térmica anual e uns contrastes estacionais moi acusados.
    8. clima local Clima que afecta a sectores moi reducidos da terra por mor da existencia dun factor xeográfico diferencial.
    9. clima mediterráneo METEOR Clima típico da zona mediterránea, que se dá nas costas occidentais dos continentes, entre 30° e 40° de latitude e que se caracteriza por veráns secos e cálidos, invernos suaves, e choivas que se presentan na primavera e no outono, a miúdo torrenciais.
    10. clima oceánico Clima de réxime marítimo das caras occidentais dos continentes na zona temperada que se caracteriza polos invernos suaves, os veráns frescos, unha oscilación térmica moi pequena e a existencia de estacións intermedias moi ben definidas.
  1. s m Conxunto de circunstancias que caracterizan unha situación ou unha persoa, en función das que se produce un feito.

Citas

  • As conversas desenvolvéronse nun clima de amizade