adquisición

< adquirir
Plural: adquisicións
  1. s f
    1. Acción de adquirir.
    2. Cousa adquirida.
  2. s f DER Atribución a unha persoa dunha cousa, dereito ou obriga que antes non tiña. 
  3. adquisición lingüística LING Aprendizaxe dunha lingua.
  4. novas adquisicións ARQUIV Lista ou catálogo dos libros que se ingresaron novos nunha biblioteca.

Citas

  • A adquisición do cadro significou un forte desembolso económico
  • Sen dúbida, esta estatua, foi unha boa adquisición