clásico -ca

< lat classĭcu ‘relativo á clase alta da sociedade’
Plural: clásicos Masculino: clásico Masculino plural: clásicos Feminino: clásica Feminino plural: clásicas
  1. adx Relativo ou pertencente ao período e a época de maior apoxeo dunha arte.
    1. adx Relativo ou pertencente á antigüidade grega (especialmente ao século de Pericles) e latina (principalmente ao século de Virxilio) e á súa produción artística.
    2. arte clásica Arte grega comprendida desde a metade do s V a C ata a morte de Alexandre o Grande (323 a C).
  2. adx Que se considera autoridade. Tm s, referido a persoa.
  3. adx Aplícase á música elaborada e escrita de xeito técnico.
    1. adx Que segue uns canons e normas establecidas.
    2. adx Que é habitual en algo ou en alguén.
  4. lugar clásico BIOL Localidade de onde procede o exemplar tipo dun taxon.

Citas

  • A decoración do local era moi clásica, A rapaza viste con roupa moderna e non quere saber nada da clásica
  • A Iliada e a Odisea considéranse dúas obras clásicas da historia da literatura, Longa noite de pedra é un clásico da literatura galega
  • Quevedo forma parte dun período clásico da literatura española
  • Se me dan a escoller, prefiro a música clásica cá música folk
  • Segue o patrón clásico de escultores como Fidias
  • Tivo a clásica arroutada dos rapaces aos que non lles dás lambonadas, Decoraron a vila coas clásicas bandeirolas