citoloxía

< cito- + -loxía
Plural: citoloxías
  1. s f BIOL Rama da bioloxía que estuda a estrutura e función da célula.
  2. MED
    1. s f Estudo das distintas formas celulares, normais e patolóxicas, dun tecido ou dun fluído que se realiza con finalidade diagnóstica.
    2. citoloxía exfoliativa cérvico-vaxinal Procedemento de diagnose baseado na obtención dunha mostra de células escamadas do colo uterino e da vaxina. OBS: Tamén se denomina frottis cérvico-vaxinal, test de Papanicolau ou PAP.