citocromo

< cito- + -cromo
Plural: citocromos
  1. s m BIOQ Heteroproteido presente en todos os organismos aerobios, que posúe un grupo prostético porfirínico con ferro e que é susceptible de intervir en sistemas de respiración celular.
  2. citocromo oxidase BIOQ Encima hemoproteínico que, no último elo da cadea respiratoria, fai de ponte na transferencia de electróns desde os citocromos c ata o osíxeno molecular.