circunnutación

< circun- + nutación
Plural: circunnutacións
  1. s f BOT Movemento xiratorio do ápice lixeiramente inclinado de moitas plantas de crecemento lento, provocado pola desigualdade no alongamento das células do talo, que vai variando de lado ao longo do día.