cínico -ca

< lat cynĭcu gr κυνικός ‘canino’
Plural: cínicos Masculino: cínico Masculino plural: cínicos Feminino: cínica Feminino plural: cínicas
  1. adx Relativo ou pertencente á escola cínica.
  2. adx Que é propio dunha persoa cínica.
  3. adx Que mente con descaro. Tm s.
  4. escola cínica FILOS Escola filosófica grega iniciada por Antístenes, discípulo de Sócrates, no s V a C. Defendían a liberdade radical do individuo, aspiraban á autosuficiencia moral, desprezando as convencións sociais.

Citas

  • É tan cínica que non lle importa que saibas que mente, Cústame soportar os cínicos que viven nesta rúa
  • Non vai facer moitos amigos co seu comportamento cínico
  • Os seus amigos son bastante cínicos e se non os coñeces pásalo mal coas súas groserías

Palabras veciñas