adxRelativo ou pertencente a Sri Lanka, antiga Ceilán.
sETN/HISTIndividuo do grupo étnico maioritario en Sri Lanka, antiga Ceilán.
sm plETN/HISTPobo oriúndo da India que conquistou Sri Lanka cara ao 550 a C desprazando a poboación local, os veddas. Ocupa a rexión central e meridional de Sri Lanka e as illas Maldivas. Distribúense polas terras baixas e dedícanse ao comercio, á agricultura e á pesca. En Sri Lanka constitúen a maioría da poboación (73,9%) e están enfrontados coa poboación támil, de relixión hinduísta.
smLINGLingua da familia indoeuropea pertencente ás linguas indoarias. É a lingua oficial de Sri Lanka.