cimerio -ria

< lat Cimmeriu
Plural: cimerios Masculino: cimerio Masculino plural: cimerios Feminino: cimeria Feminino plural: cimerias
  1. adx Relativo ou pertencente aos cimerios.
  2. s ETN/HIST Individuo do pobo dos cimerios.
  3. s m pl ETN/HIST Pobo nómade de orixe indoeuropea, do tronco iranio, procedente das estepas do S de Rusia. Arredor do s VIII a C cruzaron o Cáucaso e asentáronse na península de Anatolia; a partir de aí estendéronse por Asia Menor. Loitaron cos asirios, ocuparon Lidia e destruíron o Reino de Frixia e as colonias gregas da costa norte. O rei Lidos Aliates combateu contra eles e rematou aniquilándoos.
  4. fase cimeria XEOL Serie de fases oroxénicas do ciclo paleoalpino que tiveron lugar no transcurso do Triásico superior e durante o Xurásico.