cimbro -bra

Plural: cimbros Masculino: cimbro Masculino plural: cimbros Feminino: cimbra Feminino plural: cimbras
  1. adx Relativo ou pertencente ao pobo dos cimbros ou á súa lingua.
  2. s ETN/HIST Individuo do pobo xermánico dos cimbros.
  3. s m pl ETN/HIST Pobo xermánico influído polos celtas. Orixinarios de Xutlandia, emigraron cara ao sur xunto cos teutóns, os ambróns e os tigurinos arredor do s II a C. Invadiron a Galia meridional xunto cos teutóns (110 a C) e loitaron cos romanos en Orange (105 a C). Separados novamente dos teutóns, pasaron aos Alpes. Foron exterminados por Caio Mario na Batalla dos Campos Raudios (101 a C).
  4. s m LING Dialecto do celta britónico que falaban os cimbros, mantido na zona fronteiriza occidental entre Inglaterra e Escocia probablemente ata o s X.

Palabras veciñas