cilindro

< lat cylindru gr κύλινδρος
Plural: cilindros
  1. s m MAT Corpo limitado por unha superficie cilíndrica e dous planos paralelos que a cortan.
  2. s m
    1. Elemento cilíndrico que forma parte de moitas máquinas que se empregan na industria.
    2. TECNOL Peza metálica cun baleiro construtivo cilíndrico dentro do que se move un pistón.
  3. cilindro central BOT Parte interior cilíndrica do talo.
  4. cilindro de extrusión XEOG Forma volcánica constituída por unha gran masa cilíndrica de lava solidificada que ascendeu en estado viscoso pola cheminea do volcán en forma de agulla ou domo.
  5. cilindro selo HIST Pequeno cilindro de pedra, marfil ou barro vidrado, cunha perforación lonxitudinal e coa superficie gravada en oco, que se imprimía facéndoo rodar pola superficie de táboas finas de arxila aínda branda. Tiña un tamaño reducido que facilitou o seu emprego para asinar obxectos ou documentos. Orixinario do país de Sumer, pasou a Siria e Palestina, e chegou ao Val do Nilo na época predinástica.
  6. cilindro urinario PAT Formación alongada, que aparece no sedimento urinario.