cianobacterio -ria

Plural: cianobacterios Masculino: cianobacterio Masculino plural: cianobacterios Feminino: cianobacteria Feminino plural: cianobacterias
  1. adx Relativo ou pertencente ás cianobacterias.
  2. s f MONERA Bacteria do filo das cianobacterias.
  3. s f pl MONERA Filo de bacterias fotosintéticas que posúen un sistema de pigmentos similares ao das eucariotas e con capacidade, polo xeral, de fixar o nitróxeno atmosférico. Trátase dun grupo moi diverso, con formas coloniais ou tamén filamentosas. OBS: Tamén se denominan algas azuis ou cianofíceas.

Palabras veciñas