chosco -ca

Plural: choscos Masculino: chosco Masculino plural: choscos Feminino: chosca Feminino plural: choscas
  1. adx Aplícase a quen lle falta un dos ollos ou a quen non ve por un ollo. Tm s.
  2. adx Que non ten boa vista.

Citas

  • A raíz do accidente laboral perdeu o ollo e quedou chosco, Veu acompañado dun chosco cun ollo de vidro, Ao final do conto descóbrese que o pirata co ollo tapado non é chosco
  • Telo diante dos ollos, se non o ves é que quedaches chosco

Frases feitas

  • Pedro chosco. Personaxe infantil que representa o sono.

Palabras veciñas