chinche

< lat cimĭce
Plural: chinches
  1. s f ANIMAL/ENTOM Insecto da orde dos hemípteros, caracterizado por presentar un peteiro longo, que empregan para picar e zugar fluídos. Presentan dous pares de alas, dos que o primeiro ten endurecida a parte anterior ou toda a súa superficie. Constitúen pragas dos cultivos.
  2. chinche acuática ANIMAL/ENTOM Hemíptero de auga doce pertencente aos xéneros Gerris, Velia ou Hydrometra.
  3. chinche asasina ANIMAL/ENTOM Insecto, da familia dos redúvidos, de antenas de catro segmentos, con patas longas.
  4. chinche fedorenta ANIMAL/ENTOM Insecto, das familias dos pentatómidos e dos coreidos, que posúe corpo aplanado en forma de escudo, cun escutelo triangular de gran tamaño, de cores verdes ou castañas. Producen unha secreción aceda de cheiro moi desagradable.
  5. chinche hematófaga ANIMAL/ENTOM Insecto, da familia dos cimícidos, áptera, de corpo deprimido e de cor parda, ectoparasito dos vertebrados.

Sinónimos