cheminea

< fr cheminée lat v caminata lat caminu
Plural: chemineas
  1. s f Conduto que dirixe o fume procedente de cociñas, fornos ou máquinas cara ao exterior.
    1. s f Oco nunha parede en que se fai lume para quentarse e que bota o fume ao exterior mediante un conduto.
    2. cheminea francesa Cheminea con marco e repisa na parte superior.
  2. s f XEOG Conduto na codia terrestre, en edificios volcánicos, a través do que saen ao exterior materiais procedentes do magma.

Sinónimos

Citas

  • No tellado do pazo hai catro chemineas
  • Se tedes frío acendemos a cheminea

Frases feitas

  • Andar mal da cheminea. Ter pouco xu

Refráns

  • Casa sen cheminea, ou de muller pobre ou erma.
  • Cheminea nova logo se afuma.

Formas incorrectas

chimenea

Palabras veciñas