chárter

< ingl charter party ‘aluguer dun vehículo a outra empresa’
Plural: chárteres
  1. adx Que ofrece un servizo irregular de voos, en que se freta unha aeronave cando hai bastantes pasaxeiros para que o voo sexa rendible.
  2. adx Aplícase ao voo levado a cabo por unha compañía chárter.
  3. s m Tipo de voo ofertado por unha compañía aérea.

Citas

  • Fai unha reserva nalgún voo chárter para regresarmos
  • Fomos preguntar as ofertas a unha compañía chárter, pero non había ningunha con ese destino
  • Viñemos nun chárter moi barato

Palabras veciñas