chapitel

< fr antigo chapitel lat capitellu, dim de caput ‘cabeza, elevación’
Plural: chapiteis
  1. s m Remate dunha torre terminado en punta.
  2. s m ARQUIT capitel.
  3. s m MAR
    1. Peza de forma cónica que garda no seu interior unha pedra dura mediante a que o conxunto da rosa e das agullas que conforman o compás descansan sobre o seu eixe.
    2. Parte máis elevada da proa ou da popa dun navío.
  4. s m Construción onde se gardan os apeiros de labranza.

Palabras veciñas